lunes, 4 de agosto de 2014

SERVIZO RÁPIDO DE COMIDAS












Moi fan dos emprendedores que apostan polo galego para bautizar o seu negocio. A ver, o de "Catering" queda perdoado neste caso, tampouco nos poñamos esixentes e "puristas" de máis...

lunes, 7 de julio de 2014

FÚTBOL, MUNDIAIS e MORRIÑA

O Mundial de Brasil está xa en semifinais e o gozo de "La Roja" no pozo das decepcións...


Nesta recta final quedan: Arxentina, Alemaña, Holanda e Brasil, a anfitriona e favorita. 


Non sei se reparastes no detalle, dúas son NIKE e as outras dúas ADIDAS. Casualidade? Igual si.

En calquera caso todos sabemos que estamos nun mundo dominado polos grandes capitais, polas multinacionais e polas grandes marcas. Patrocinan a nosa vida e incluso as nosas afeccións... En Brasil están sendo tamén noticia, aínda que agochadas e silenciadas, as protestas de moitos brasileir@s polo escándalo dos cartos que se gastaron en construír campos de fútbol coas necesidades que hai no país. Con todos eses millóns seguro que se erradicaba a fame de Brasil por moitos, moitos anos. Pero ben, o capital manda, venderase que o país sairá gañando polo traballo que se xerou, polas infraestructuras que quedarán (unhas rematadas e outras a medio rematar...), pola publicidade que se lle está dando a nivel mundial ao Brasil, e tamén pola ilusión que suscitan estes faustos eventos... "A ilusión do entretemento"... lembrando a ese gran clásico:"Pan e Circo"!!

Dende aquí esta reflexión e unha instantánea que me leva á infancia. Ese campo de futbol improvisado no lameiro do veciño, con catro cadeiras facendo de postes, e a herba (que non céspede) cortado de xeito irregular facendo máis difíciles os controis e o dominio do balón. Pero que ben o pasabamos e que pouco nos queixabamos... e todo low cost.